O acto inaugural do programa de actividades para conemorar o 900 aniversario do Mosteiro de San Salvador será este sábado 21 de marzo, a partir das 12 horas .
Durante o evento realizarase unha visita guiada pola exposición que se instalará nas estancias do mosteiro e haberá tamén un pequeno concerto de piano a cargo Keilin e Vilariño. Ademais contarase coa presenza de diferentes representantes institucionais e eclesiásticos.
Dende Alternativa animan a participar a toda a veciñanza nesta xornada inaugural do novecentos aniversario do Mosteiro, pero tamén a seguir de preto as distintas actividades previstas ao longo do ano.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.