A data límite para anotarse é o venres 10 de abril e pódese formalizar chamando ao 981 79 70 01.
Será no restaurante El Pantano e haberá baile e sorteo de agasallos.
O Concello de Paderne homenaxeará o vindeiro 18 de abril aos seus veciños e veciñas máis veteranos e veteranas nunha Festa do Maior que contará con persoas de todos os recunchos do municipio.
Ás 11:00 horas, os autobuses recollerán a todas as persoas inscritas por todas as parroquias. Unha hora máis tarde, ás 12:00 horas, celebrarse unha misa na Igrexa parroquial de Paderne. Ás 13:00 horas, como de costume, celebrarase un Pleno de recoñecemento á persoa máis veterana de cada parroquia.
Xa pasadas as 14:30 horas, comezará a comida no restaurante El Pantano, con baile e sorteo de agasallos. A data límite para anotarse é o venres 10 de abril e pódese formalizar chamando ao 981 79 70 01.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.