Wednesday 18 de March de 2026

Visita de Fran Gómez Pallas


O alcalde, Daniel Pérez, mantivo un encontro co piloto carballés Fran Gómez Pallas tras a súa recente vitoria no Dakar, nunha cita marcada polo recoñecemento ao seu éxito deportivo e á súa traxectoria.
O piloto achegouse á casa do concello para facer entrega ao rexedor dun cadro conmemorativo que recolle algunhas das miles de imaxes captadas durante a competición polo fotógrafo Marco Pombo, tamén veciño de Carballo. Trátase dun agasallo simbólico que resume a intensidade e a espectacularidade dunha das probas máis esixentes do mundo do motor.
Na reunión tamén estiveron presentes o concelleiro de Deportes, Daniel Barreiro, e o concelleiro de Obras, Luis Lamas, gran afeccionado aos deportes de motor, que puxeron en valor o esforzo, a dedicación e o nivel competitivo acadado por Gómez Pallas.
Durante o encontro, o alcalde felicitou ao piloto polo seu logro, e insistiu no orgullo que supón para o municipio contar cun referente deportivo deste nivel. O deportista agradeceu o apoio recibido e compartiu algunhas das experiencias vividas ao longo da competición.

Deja un comentario