Tuesday 17 de March de 2026

O Concello de Neda licita o macro contrato de limpeza do conxunto de edificios e instalacións municipais


Inclúe ademais a prestación de servizo nos colexios e no centro de saúde

O Concello de Neda licita o servizo de limpeza de edificios e instalacións municipais, incluíndo ademais no lote, entre outros, os dous colexios públicos de primaria e máis o centro de saúde do municipio. A administración local investirá un máximo de 285.225 euros (con IVE) ao ano neste macro contrato, que contempla tamén tarefas de control de acceso e mantemento en varios equipamentos deportivos locais. As empresas interesadas poden presentar oferta ata o 9 de abril.

A realización deste servizo busca garantir as condicións de hixiene e salubridade requiridas para o correcto desenvolvemento das actividades que se desenvolven nas instalacións municipais ou naqueles outros nos que a entidade local ten que asumir o mantemento.
Así, o contrato, que se licita mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, cun único criterio de adxudicación, o factor prezo, inclúe as obras de limpeza de accesos, interiores e mobiliario de edificios directamente xestionados polo concello como pode ser a Casa Consistorial, a Casa da Cultura, Centro Cívico e ximnasio, Casa das palmeiras, Escola Infantil municipal o edificio da Toeleira e o albergue de peregrinos, e tamén xestionados por outras administracións.

Nesta liña, cómpre apuntar que o contrato contempla tamén as instalacións do CEIP Maciñeira, do CEIP San Isidro, do centro de saúde de Neda ou o Xulgado de paz; unha dependencias que, obviamente, deben atoparse en perfectas condiciones, tanto de limpeza como hixiénico-sanitarias.

Finalmente, a maiores recolle as tarefas de conservación, mantemento, limpeza, así como o control de entrada e uso das instalacións deportivas do pavillón polideportivo municipal Ale de Paz, e do campo de fútbol Juanito González, asumindo neste caso, por exemplo, o mantemento de céspede artificial e das zonas verdes.

En total, o contrato, cunha duración dun ano prorrogable por outro, contabiliza unhas 13.524 horas de traballo repartidas ao longo dos doce meses do ano. As firmas interesadas poderán presentar ofertas para facerse co contrato poden consultarse no perfil do licitador do Concello de Neda.

Deja un comentario