O Concello convocou hoxe a Xunta Local de Seguridade para analizar os datos máis recentes sobre a cidade
A criminalidade total disminuíu nun 1 %, un dato que mellora as cifras da provincia e nacionais
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidir hoxe a Xunta Local de Seguridade, na que os representantes do Concello e dos distintos corpos de seguridade abordaron os datos do balance anual de ciriminalidad na cidade para o 2025. Os números mostran un descenso xeral dun 1 % na criminalidade total respecto ao 2024. No obstante, a criminalidade convencional descendeu ata un 5,7 %, en contraste co aumento da cibercriminalidade.
As cifras da cidade melloran ás da provincia (+1, 9 % na criminalidade total) e ás nacionais (-0,3 %). Isto tivo reflexo nun lixeiro retroceso no total de dentencións (247 no 2025 e 254 no 2024). Delitos como os de resistencia á autoridade ou desobediencia, furto ou roubo con forza tamén disminuíron.
“A seguridade da cidadanía é unha prioridade para o Goberno municipal. Por iso estamos a reforzar e blindar os medios e os recursos do noso corpo de Policía Local, que cumpre un labor fundamental na asistencia de proximidade, tanto nas accións de rúa como nas investigacións ou labores administrativos. Os nosos axentes son un exemplo e co seu traballo duro fan mellor A Coruña”, subliñou a alcaldesa, Inés Rey. Na reunión participaron tamén o subdelegado do Goberno, Julio Abalde, a concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montse Paz, e a concelleira de Benestar Social, Nereida Canosa, entre outros.
Loita contra a violencia de xénero
Na reunión tamén se deu conta da actividade da patrulla Viogen da Policía Local, que actualmente asiste a un total de 119 vítimas cun nivel de risco medio ou baixo. Os efectivos da dotación levan a cabo tarefas de protección, acompañamento e asistencia a mulleres, e están en continua comunicación cos Servizos Sociais, o Centro de Información ás Mulleres (CIM) e as redes de acollida para coordinar as actuacións e a axuda ás vítimas. No 2025, esta patrulla completou 102 intervencións, 75 delas con persoas detidas.
“A violencia de xénero segue a ser unha gran problemática que debemos combater desde as institucións. Por iso, a acción de permanente vixilancia e acompañamento que leva a cabo a patrulla Viogen é dunha importancia maiúscula nun contexto no que tantas mulleres seguen vivindo con medo”, apuntou a alcaldesa Inés Rey.
Colaboración entre corpos
Tamén se abordou a estreita colaboración entre a Policía Local e a Policía Nacional. Ao longo do ano, completáronse 40 reunións formais para intercambiar informacións, coordinar tarefas e operativos e asistirse mutuamente mellorando a coordinación entre os corpos.
Ademais dos encontros oficiais da Comisión de Coordinación Policial, a diario existe contacto entre os/as responsables de ambas as forzas. Os informes resaltan a boa relación existente entre os ámbitos local e nacional, que se viu fortalecida nos últimos anos grazas a unha mellora da compenetración, unhas maiores sinerxías e ao espírito de colaboración mutuo.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.