A Xunta de Galicia avanza nos seus compromisos coa mellora dos viarios autonómicos ao seu paso polo municipio de Bergondo, tras anos de demandas e xestións realizadas dende o Concello.
Onte deu comezo a actuación de asfaltado na AC214 (estrada de Cambre) e hoxe anunciouse a licitación para as obras de reforzo do firme nas estradas AC161 (estrada de Betanzos) e AC162 (estrada de Sada).
Dende Alternativa destacan que estas actuacións cresponden a unha reivindicación do Concello, que leva tempo insistindo na necesidade de actuar en tramos cun notable deterioro e que non garanten as condicións aceitadas de seguridade viaria.
O grupo valora positivamente que estas demandas comecen a materializarse, ao tempo que subliña a importancia de continuar coa mellora da rede viaria do municipio.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.