Monday 16 de March de 2026

Abre o prazo de matriculación nas catro escolas infantís públicas de Oleiros para o curso 2026/2027


O prazo para a presentación de solicitudes nas catro escolas infantís do Concello de Oleiros para o próximo curso 2026/2027 permanecerá aberto desde o 17 de marzo ata o 7 de abril. Ata ese día poderán tramitarse tanto as reservas de prazas para os nenos e nenas que xa están acudindo ás escolas como as solicitudes de novo ingreso.

O prazo para a presentación de solicitudes nas catro escolas infantís do Concello de Oleiros para o próximo curso 2026/2027 permanecerá aberto ata o 7 de abril. Ata ese día poderán tramitarse tanto as reservas de prazas para os nenos e nenas que xa están acudindo ás escolas como as solicitudes de novo ingreso:
– Para as solicitudes de praza de NOVO INGRESO ANEXO I Código de procedemento: BS404A
– Para as solicitudes de RENOVACIÓN ANEXO V Código de procedemento: BS404B

Para obter información máis precisa, as persoas interesadas deben chamar previamente á escola infantil do Concello de Oleiros que sexa a súa primeira preferencia: A Pardela (981 631 788), As Galeras (981 648 446), A Canteira (981 977 921) ou A Braña (981 617 505). Neses centros de ensino serán atendidos e recibirán toda a información que soliciten.

As solicitudes deberán presentarse, preferiblemente, por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Os impresos tamén estarán dispoñibles en https://www.igualdadebenestar.org e https://politicasocial.xunta.gal e facilitaranse tamén nos propios centros en que se solicite praza.

Deja un comentario