A ampliación do Campo da Feira que se está a anunciar como un éxito de bo facer, correspondese cunha mala xestión urbanística durante o goberno do actual alcalde no 2005, na que se autorizou unha licenza urbanística na que non se esixiron a cesión das zonas verdes correspondentes.
A xestión de Alternativa durante o seu goberno permite que hoxe chegue este anuncio e que se poida solventar unha problemática que ven de 20 anos atrás.
A problematica iniciou no 2005, cando o goberno do PP liderado polo Sr. Mouriño concedeu unha licenza urbanística para a construción de 20 vivendas, primeira fase do edificio Campo da Feira nº2, sen realizar a correspondente cesión da zona verde ao Concello, que foi vendida polo promotor a un particular -coñecido do Sr. Mouriño-. A consecuencia foi que non se podía urbanizar correctamente a zona do Campo da Feira e que o edificio non contaba coa licenza de primeira ocupación, deixando a moitas familias nunha situación irregular durante anos.
Durante o seu goberno, Alternativa recolleu as demandas da veciñanza afectada e iniciou os trámites pertinentes tanto co promotor como coa Sareb para que finalmente e vinte anos despois se poida ampliar o Campo da Feira e regularizar a situación do edificio.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.