Alternativa solicitou na Xunta de Goberno local que se fagan as modificacións necesarias na redacción do prego de contratación da “Escola de actividades físicas e da saúde”, co obxectivo de que toda a veciñanza empadroada poida acceder ás actividades.
Tras a revisión das inscripcións publicadas, o grupo municipal comprobou que e en moitas actividades se quedan fora do programa, incluso en número suficiente para abrir novos grupos.
Alternativa considera que, aproveitando a actualización do contrato, é un bo momento para progresar no servizo que presta este programa municipal, incorporando medidas que eviten que a veciñanza quede fora ou, polo menos, que se reduzan as persoas en lista de espera.
Ampliar o número de prazas nas actividades permitiría que máis persoas se beneficien da participación do programa que ten un impacto directo na saúde, ademáis de ofrecer unha alternativa para o lecer e favorecer a socialización entre a veciñanza.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.