Novos cursos súmanse á oferta formativa do Concello
A Concellería de Innovación e Novas Tecnoloxías de Ribeira prepara xa novos cursos para o segundo trimestre do ano con accións a desenvolver na Aula CeMIT, ademais das que se impartirán nas parroquias, iniciando o periplo formativo en Artes.
Segundo manifesta o concelleiro de Innovación e Novas Tecnoloxías, Álex Vidal, “a Aula CeMIT gozou de gran dinamismo durante o primeiro trimestre do ano cos cursos que achegamos aos nosos veciños e veciñas; unha boa acollida que tamén percibimos naqueles que levamos a algunhas das parroquias do noso municipio. Dado o compromiso deste Concello coa alfabetización dixital, no segundo trimestre decidimos seguir coa formación do COMDIX, un certificado cada vez máis demandado; así como descentralizar a acción da Aula CeMIT e continuar co periplo formativo polas parroquias.”
O mes de abril arrancará coa preparación do COMDIX nivel intermedio cara a facer o exame para obter o Certificado de Competencias Dixitais. As clases terán lugar tódolos martes, mércores e xoves, dende o 7 ao 23 de abril, en horario de 10.00 a 11.30 horas.
O temario divídese en cinco bloques: consulta e xestión da información; comunicación e colaboración; creación de contidos dixitais; benestar dixital: seguridade e privacidade; contorna dixital e resolución de problemas.
As datas e horarios dos exames serán no mércores, 29 de abril, de 16.30 a 18.30 horas; así como no xoves, 30 de abril, dende as 10.00 ata as 12.00 horas e tamén de 12.00 a 14.00 horas. O prazo de inscrición nas probas comeza hoxe, 16 de marzo, e permanecerá aberto ata o 25 de marzo a través da páxina web www.cemit.xunta.gal.
E as competencias dixitais tamén se trasladan da Aula CeMIT ás parroquias, polo que Crea contido con Intelixencia Artificial impartirase no centro recreativo de Artes, do 6 ao 9 de abril, de 10.00 a 13.00 horas.
Máis información e inscricións no teléfono de contacto 981 876 043 ou no enderezo electrónico cemit.ribeira@xunta.gal.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.