Monday 16 de March de 2026

Yago García e Noa Mirantes, primeiros gañadores da nova tempada do circuíto Coruña Corre 2026


Máis de 3.000 persoas participaron nas distintas probas da Carreira Popular da Torre de Hércules, que contou cunha andaina conmemorativa do 8-M

Yago García e Noa Mirantes convertíronse esta tarde nos primeiros corredores en gañar a proba absoluta da primeira carreira do circuíto de carreiras nos barrios Coruña Corre 2026. A Carreira Popular da Torre de Hércules, celebrada este sábado en horario nocturno, como é habitual, congregou a máis de 3.000 persoas nas súas distintas categorías.

Ademais de Yago García, na categoría masculina tamén se subiron ao podio Jorge Sieira e Jan Skarban. Na categoría feminina, tras Noa Mirantes chegaron á meta Sara López como segunda clasificada e Inés Papín como terceira.

A alcaldesa, Inés Rey, asistiu as primeiras probas da xornada, as correspondentes ás categorías inferiores, acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez. “O circuíto Coruña Corre é un referente entre as carreiras populares do país e unha proba de que na cidade prima o ocio saudable e a práctica de deporte, sumando ano a ano máis adeptos de todas as idades”, indicou Rey.

A carreira da Torre contou cun percorrido de 6,3 quilómetros a través de Durmideiras, San Amaro, os Pelamios, as Ánimas e, de novo, volta polo mesmo treito do Paseo Marítimo, bordeando a enseada e o paseo dos Menhires, para enfilar a recta final pola costa da Torre.

Poucos minutos despois da carreira absoluta foi o turno da andaina polo 8-M, que contou cun percorrido lixeiramente máis curto, de case cinco quilómetros.

Deja un comentario