Thursday 21 de November de 2024

Charlas informativas sobre produtos fitosanitarios que non requiren de carné de manipulador, este xoves en Olveira e Oleiros


O Concello de Riveira informa de que técnicos da Xunta de Galicia van impartir esta semana dúas charlas informativas para falar sobre produtos fitosanitarios que non precisan de carné de manipulador.

Estas accións terán lugar o mesmo dia: o xoves 28 de abril, ás 17 horas na sede da Comunidade de Montes de Oleiros e ás 19 horas na Casa da Cultura de Olveira. O acceso é libre.