Monday 16 de March de 2026

A 19º Feira Matemática congrega na Coruña a máis de 1.500 asistentes


O evento educativo celebrado en Palexco virou este ano ao redor da intelixencia artificial e o pensamento computacional

Máis de 400 persoas —incluíndo a 314 alumnos inscritos e 86 profesores— participaron na organización das diferentes actividades educativas da 19º Feira Matemática, celebrada en Palexco e organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema) en colaboración con o Concello. Xogos, retos, monólogos e concursos aos que asistiron, en total, máis de 1.500 persoas.

A Feira Matemática é unha xornada pensada para a divulgación desta materia de forma lúdica e divertida, e está dirixida ás alumnas e alumnos de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional, así como ao profesorado e ao público en xeral. Cada centro, cada profesor, cada grupo de alumnos, puideron expoñer unha ou máis propostas ou actividades matemáticas, explicou o concelleiro de Eduación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego.

Na edición deste ano, a iniciativa tratou o tema da intelixencia artificial e o pensamento computacional, dúas materias de actualidade que son unha fonte de continua innovación e desenvolvemento no campo das ciencias.

Deja un comentario