Ante a falta de novas sobre a ampliación do centro escolar Alternativa de Carral fixo unha solicitude formal ante a Consellería de Educación para coñecer o estado do proxecto.
A obra prevista de executarse para o 2026 foi impulsada e xestionada durante o goberno de Alternativa, no que se remitiu un anteproxecto para o derribo de antigas vivivendas de profesorado para liberar espazo para a ampliación.
O crecemento poboacional de Carral fai que esta actuación resulte necesaria e urxente polo que Alternativa demandou á Xunta de Galiza información sobre o punto no que se atopa o desenvolvemento administrativo e técnico do proxecto, se está garantida a consignación orzamentaria correspontente para este ano, así como os plazos de previsión establecidos para a redacción, licitación e execución das obras.
Alternativa considera fundamental que esta ampliación avance coa maior celeridade posible, xa que se trata dunha infraestrutura clave para garantir instalacións educativas adecuadas para os nenos e nenas do noso concello.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.