· A cita terá lugar o sábado, 21 de marzo, e contará coa participación de 25 grupos musicais que tocarán en 24 negocios.
· A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e o presidente da Comisión de Festas Carme do Castelo, José María Abuín, presentaron o programa.
O inicio da primavera na Pobra estará marcado por unha nova edición do Pasabares. A cita, que chega á súa oitava edición, terá lugar o sábado, 21 de marzo. Trátase dun fito que acadará, ademais, cunha boa saúde que se ve reflectida nas cifras de participación: en total, serán 24 os locais de hostalaría nesta convocatoria e tomarán parte 25 agrupacións musicais do municipio e de concellos limítrofes. A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e o presidente da Comisión de Festas Carme do Castelo, José María Abuín, presentaron esta mañá a programación do evento.
Durante a súa intervención, a concelleira incidiu en que se trata “dunha cita importante e que ten moi boa acollida entre a veciñanza da Pobra, pero que tamén atrae a numerosos veciños e veciñas doutras localidades”. Ademais do ambiente festivo, a edil apuntou que o Pasabares é “un escaparate da nosa música e do noso folclore” e agradeceu á organización “polo incrible traballo que realizan para superarse ano tras ano”.
O Pasabares arrincará ás 18.00 horas cunha foliada na que actuarán As Garridiñas, As Sivalveiras, a Asociación Arrancadeira, a Escola de Baile e Pandeireta As Caramiñas e a Reviravolta Pandereteiras. O percorrido polos negocios comezará ás 20.00 horas e, a partir das 23.00 horas, haberá unha actuación no toldo da Covecha dos grupos participantes. A celebración concluirá cunha nova foliada libre.
Por unha banda, as agrupacións musicais que marcarán o ritmo durante a xornada serán: A Dorniña de Abanqueiro, Abelleira E., Airiños do Eume, Andavia, Arghalleiros, Arrancadeira, Caraveiros, Estroupele, Ghaiteiros do Chimpin, Jaitas Blue, Nunca é tarde, Os da boina, Os liantes, Os pequenos do Barbanza, Os sentenarios, Reviravolta, Río de Anxo, Rumbia, Sons do peto, Tripulasión e Xiada.
En canto aos negocios adheridos, 4 20, A de Rosa, A Kunka, A Rañala, Alameda, Amanitas, Bar Nuevo, Barquiña, Café Bar Turka, Curotiña Galeón, La Calle, La Embajada, La Tapadera, Liceo, London, Más Batea, Miramar, Mordiscos, O Facho, O Malecón, Os Cuñados, Sisal, Sweet and Roll e Xanxo.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.