A delegada da Xunta destacou a importancia da colaboración institucional entre ambas administracións para dar resposta ás demandas dos veciños de Outes e avanzar na mellora das infraestruturas e servizos públicos do municipio
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde de Outes, Francisco Calo, no marco da rolda de encontros que está a desenvolver cos rexedores da provincia co obxectivo de avaliar as necesidades prioritarias dos distintos municipios.
Durante o transcurso da reunión, a delegada da Xunta lembrou que este concello está adherido ao convenio de xestión de biomasa nas franxas secundarias, así como ao convenio de brigadas municipais.
Neste contexto, trasladáronse diferentes propostas para desenvolver actuacións no ámbito forestal e impulsar medidas de prevención de incendios.
Ademais, durante o encontro tamén se analizaron as distintas liñas de axudas ás que este concello está a concurrir, especialmente nas áreas de administración local, medio ambiente, xestión de residuos, espazos naturais e turismo.
Finalmente, abordáronse tamén varias consultas relacionadas co litoral co obxectivo de avaliar posibles actuacións futuras neste ámbito.
Finalmente, a delegada da Xunta destacou a importancia da colaboración institucional entre a Xunta e o Concello para dar resposta ás demandas dos veciños de Outes e avanzar na mellora das infraestruturas e servizos públicos do municipio.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.