Friday 13 de March de 2026

O concello renova o pavimento do núcleo da Tapia, na parroquia de Soandres


O proxecto, valorado en 68.000 euros, incluíra tamén intervencións nos núcleos da Millarada e O Corgo de Abaixo.

O Concello ten en fase de execución as obras de renovación do pavimento na estrada do núcleo da Tapia, na parroquia de Soandres. O alcalde, José Manuel López Varela, e os edís Pablo Cambón e Patricia Bello, supervisaron hoxe o desenvolvemento dos traballos, que se rematarán coa sinalización horizontal para aumentar a seguridade.
Esta intervención foi unha das que tivera que paralizarse durante as primeiras semanas do ano debido ás condicións climatolóxicas adversas para a execución de obras destas características.
Coa actuación na Tapia darase por finalizado o proxecto, valorado en 68.000 euros, que tamén contemplara intervencións noutros puntos próximos da parroquia de Soandres, como O Corgo de Abaixo e A Millarada, lugares nos que tamén se mellorou recentemente a superficie de rodadura dos vehículos.

Deja un comentario