A instalación que nun principio sería un Centro de Día actualmente so se emprega para as clases de estimulación mental.
O grupo municipal esixiu información sobre a previsión de uso, anunciada para o pasado verán, sobre este edificio que naceu para dar servizo, principalmente, á veciñanza de Celas e Sésamo.
Dende o goberno confirmaron que non hai nada concretado nin calendario pechado, a pesar de que a idea é incorporar actuaciones no marco do programa de dinamizadores nos locais da zona rural.
Alternativa considera que o executivo municipal está chegando tarde para a prestación deste servizo que permitiría combater o illamento das persoas maiores e dinamizar a vida social das parroquias, polo que considera inxustificable que tan solo funcione unha actividade.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.