O grupo rexistrou unha petición formal ante a Xunta de Galicia demandando información relativa á situación do Centro de Saúde.
O grupo esixe coñecer en que parte do proceso se atopa a cesión do centro de saúde ao Servizo Galego de Saúde, así como as actuacións de mellora previstas para o acondiciomento da actual instalación.
Outra das preocupacións que trasladou e sobre a planificación programada para o crecemento progresivo da poboación, ademáis das necesidades actuais de espazo e persoal sanitario.
Con esta iniciativa Alternativa pretende poder respostar á veciñanza respostas claras sobre a mellora das instalacións e a planificación sanitaria para que se garanta unha atención adecuada.


Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.