Thursday 12 de March de 2026

O Partido Popular de Miño pregúntase: a quen protexe o Concello de Miño? Mala xestión, usuarios desatendidos e traballadoras sen cobrar


A xestión do servizo de axuda a domicilio en Miño converteuse nun exemplo alarmante de falta de planificación, incapacidade de xestión e ausencia total de sensibilidade cara aos veciños máis vulnerables.

Tras o desastre na prestación do servizo, o alcalde, Manuel V. Faraldo, defendeu que negociar coa empresa para que abandonase o servizo era a mellor solución. O Grupo Popular de Miño advertiu de que permitir que a empresa se marchase sen asumir responsabilidades —e por tanto sen sanción algunha— era un grave erro que terminarían pagando os usuarios e as traballadoras.
Os veciños que dependen da axuda a domicilio seguen recibindo un servizo claramente insuficiente, lonxe da atención digna que merecen. Mentres tanto, as traballadoras continúan sen cobrar os seus salarios, soportando unha situación laboral inxusta e inaceptable.
O máis grave é que todo isto ocorre #ante a pasividade do goberno municipal. Non hai solucións, non hai explicacións e non hai medidas contundentes para resolver un problema que afecta directamente a persoas dependentes e ás súas familias.
Esta situación demostra unha preocupante falta de capacidade de xestión por parte do executivo local, permitindo que se volva a presentar á licitación: a mesma empresa que segue xerando problemas sen asumir consecuencias. Unha decisión que reflicte unha absoluta falta de sensibilidade cara a quen máis necesitan a protección dos servizos públicos.
Porque cando un goberno permite que un servizo esencial funcione mal, cando non esixe responsabilidades e cando non pensa nos máis vulnerables, a pregunta é inevitable, a quen está a protexer realmente o Concello de Miño?
A concelleira de Servizos Sociais Dimisión xa!

Deja un comentario