A veciñanza de Celas fai meses liderou unha protesta demandando seguridade viaria para os peóns na parroquia e esixindo sendas peonís ou beirarrúas na AC-400.
Ante o silencio de noticas sobre o asunto Alternativa dos Veciños volveu a reivindicalo esixindo explicacións ao goberno municipal.
A resposta pouco áxil do goberno local, que tardou máis dun mes en contestar, foi criticada por Alternativa tamén porque non aporta datos concretos senón que se está a facer seguimento do compromiso acadado pola Xunta de Galicia de executar (este ano) un proxecto de dotación de sendas peonís nos tramos que atravesan os núcleos de poboación de Celas e Sésamo.
O grupo volverá a insistir no asunto para poder aportar información máis concisa a veciñanza de Celas e Sésamo.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.