Wednesday 11 de March de 2026

Nace o programa “Un café do alcalde”


O Concello pon en marcha unha nova iniciativa pensada para escoitar, compartir e construír xuntas e xuntos o futuro de Paderne.

Nace ‘Un café co alcalde’, o programa que o goberno local levará a cabo en todas as parroquias do municipio para crear un espazo próximo de conversa entre a veciñanza e Sergio Platas, rexedor padernés. Un encontro sinxelo arredor dun café, no que poder falar con tranquilidade sobre a realidade social e económica de cada lugar, propoñer ideas e compartir preocupacións.

O obxectivo fundamental é abrir máis portas ao diálogo, escoitar directamente ás persoas que fan vida en cada parroquia e seguir avanzando nun Paderne construído entre todas e todos.

A primeira data, o vindeiro 27 de marzo no Local Social de Velouzás. Porque ás veces as mellores ideas nacen arredor dun café.

Deja un comentario