No 14 de marzo impartiranse unha serie de simposios
No 14 de marzo conmemórase o Día da Endometriose, unha doenza que que afecta a unha de cada dez mulleres en idade fértil.
Co obxectivo de dar visibilidade a asociación querEndo organiza, coa colaboración das Concellerías de Igualdade e Sanidade, unha xornada na que se ofrecerán simposios e terá lugar a lectura dun manifesto.
O groso da actividade concentrarase na sala polivalente do novo Auditorio municipal, coa apertura de portas establecida para as 09.30 horas. A nutricionista Candela Martínez será a primeira en tomar a palabra co coloquio Estratexias nutricionais na endometriose, ás 10.00 horas; para seguir ás 11.00 horas con Aprender a regularse emocionalmente, da man da psicóloga Ana Isabel Fernández; e rematar o apartado de conferencias co xinecólogo Jesús Manuel Barreiro e Endometriose, cando a dor non se ve, ás 12.30 horas.
Posteriormente, na praza do Concello procederase coa lectura do manifesto pola endometriose, ás 14.30 horas, onde tamén participarán representantes institucionais.
A entrada ao Auditorio é libre ata completar o aforo e convídase ao público a asistir cunha prenda amarela, a cor que visibiliza esta doenza.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.