• A proposta municipal conta cun total de 36 prazas para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.
• As inscricións estarán abertas ata o luns 23 de marzo.
O Concello de Cariño poñerá en marcha unha nova edición do Campamento Concilia de Semana Santa, unha iniciativa destinada a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante o período de vacacións escolares.
O campamento desenvolverase os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril nas instalacións do CEIP Manuel Fraga Iribarne, en horario de 9:30 a 14:30 horas. A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, cun total de 36 prazas dispoñibles.
As inscricións para participar nesta actividade estarán abertas ata o luns 23 de marzo a través da web: https://escuelacontalento.es/campamentos. O custo por participante será de 16 euros, con descontos aplicables para varios membros dunha mesma unidade familiar. As bases completas da convocatoria pódense consultar na páxina web municipal.
O programa do campamento estará centrado en actividades educativas e lúdicas, entre as que destacan propostas relacionadas coa música e o movemento, a ciencia, as dinámicas de grupo ou as manualidades, así como actividades que fomentan a creatividade e o enxeño.
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, explica que “se trata dunha medida coa que buscamos contribuír á conciliación familiar no noso municipio e ofrecer ao mesmo tempo un espazo educativo, creativo e de lecer para os máis pequenos durante as vacacións escolares”.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.