Un tal Romeo, de A Ramboia, chega ao auditorio Gabriel García Márquez o sábado 14 de marzo ás 20:30 horas.
A obra dirixida por María Peinado presentarase no García Márquez o sábado 14 de marzo ás 20:30 horas.
Trátase dunha ironía metateatral de contrastes e tensión rítmica entre ondas coreográficas na que un actor se prepara para interpretar o papel de Romeo, apoiado por unha tremoia escénica viva. O protagonista repasa pasaxes da obra shakespeariana, asiste a un cásting e a continuación destrúe a golpes o balcón de Xulieta.
Xunto a un TRAMOLLISTA, o INTÉRPRETE redefine o seu concepto de amor caduco e infeccioso que o incapacita para a vida e o teatro. Repasa a concatenación de primeiras veces que experimenta Romeo; casar, perder a virxindade, matar a alguén, ser desterrado e quitarse a vida, na procura de respostas a unha problemática propia que resoa na súa cabeza: que difícil é querer, que difícil é quererse.
O espectáculo está dirixido público adulto (maiores de 14 anos) e o custe da entrada é de 4,00 euros. A compra anticipada das entradas pode realizarse a través da plataforma electrónica (giglon.com) e na billeteira do auditorio desde unha hora antes do comezo de cada espectáculo. O pagamento na billeteira só se poderá realizar a través de tarxeta bancaria.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.