Tuesday 10 de March de 2026

O Concello organiza un obradoiro de porcelana nas Torres de Santa Cruz


O museo Os Oleiros organiza unha nova actividade de olería: obradoiro de porcelana os días 10, 17 e 24 de abril.

A porcelana é un dos materiais máis valorados dentro do mundo da cerámica e tamén un dos máis difíciles de traballar. O obxectivo deste obradoiro é achegar ao público xeral os trucos para dominar este material.

A actividade será dirixida polo ceramista Carmen Piñón.

O obradoiros desenvolverase na escola Municipal de Olería (As Torres) en tres xornadas 10, 17 e 24 de abril en dúas quendas:
– 1ª quenda (de 16.00 a 18.30 h)
Inscrición: https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/2297570

– 2ª quenda (de 18.30 a 20.00 h):
Inscrición: https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/2297586

A actividade está dirixida a persoas maiores de 14 anos empadroadas no Concello de Oleiros e o prazo de inscrición é do 10 ao 26 de marzo. O 27 de marzo realizarase o sorteo de prazas ás 10:00 horas.

Deja un comentario