Tuesday 10 de March de 2026

A Xunta dá a benvida a Carlos Platas como novo director do Centro de Investigación CICA da UDC


O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, recibiu hoxe ao novo director do CICA (Centro de Investigacións Científicas Avanzadas) da Universidade da Coruña, Carlos Platas, ao que deu a benvida e transmitiu os mellores desexos para esta nova etapa. No encontro participou tamén o director saínte, Jaime Rodríguez, a quen o representante da Xunta de Galicia agradeceu o seu traballo á fronte deste centro galego desde a súa apertura, en 2015.
Non en balde, baixo a dirección de Jaime Rodríguez o CICA conseguiu consolidarse como o motor de referencia da Universidade da Coruña na investigación nas áreas da biomedicina, alimentación, contaminación e saúde e nanociencia e materiais avanzados. Froito deste labor, en 2023 integrouse na Rede CIGUS creada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP para agrupar os centros cun nivel excelente na nosa Comunidade. A través desta vía, recibiu xa un apoio de 2 M€ por parte da Xunta.

Deja un comentario