Monday 09 de March de 2026

Multitudinario acto feminista na Fábrica sobre o Patronato de protección a la mujer franquista


O auditorio da Fábrica quedou pequeno ante a grande afluencia de persoas que quixo participar no acto central do Concello de Oleiros polo 8-M. O coloquio, no que se informou e denunciou os crimes contra as mulleres cometidos no Patronato de protección a la mujer entre 1941 e 1985, foi un acto cheo de feminismo, memoria, humanidade, verdade, emoción, loita, antifascismo, xustiza…

 

As reveladoras testemuñas de Consuelo García del Cid Guerra, María Dolores Gómez Benito, Francisca Blanco Díaz, Salomé da Torre, así como os datos aportados pola investigadora Belén López Cillero sobre esta institución franquista que perduorou durante os primeiros anos de democracia; fixeron deste coloquio unha xornada extraordinaria e digna de divulgar entre a cidadanía. O acto estivo conducido pola xornalista Mayte González Trillo.

Deja un comentario