Tuesday 10 de March de 2026

O Concello agarda que a Xunta atenda proximamente as demandas sobre o funcionamento do transporte público


O Concello de Oleiros recibiu unha comunicación oficial da Xunta de Galicia en resposta á última reunión mantida en decembro para tratar a precariedade do transporte público no municipio. Naquela sesión, o Goberno local volveu esixir todas as melloras que se consideran imprescindibles para garantir un servizo digno.

A carta remitida pola Xunta empraza ao Concello a unha nova reunión para tratar as peticións municipais que, segundo indican, están actualmente en fase de estudo. Desde o Concello de Oleiros agárdase que este novo encontro non sexa un trámite máis e que se chegue a un acordo definitivo que dea resposta ás demandas de centos de persoas que sofren diariamente as deficiencias do sistema de transporte.

O Goberno local confía en que a Administración autonómica atenda, se non a totalidade, polo menos a maior parte das reclamacións presentadas, co obxectivo de mellorar a mobilidade de Oleiros e do conxunto da comarca da Coruña.

Deja un comentario