Monday 09 de March de 2026

Asfaltados de rúas e camiños municipais os próximos días


As continuas e intensas precipitacións demoraron distintas obras públicas programadas, especialmente as de asfaltados. De executarse con tanta chuvia a durabilidade dos pavimentos é moi inferior, sendo máis eficiente agardar a un tempo máis seco.

Así, nos próximos días asfaltaranse un tramo da rúa Lucín, Salvador de Madariaga e Alamos, finalizando así a obra de reurbanización desta rúa. Como consecuencia destes traballos será necesario realizar cortes de circulación, que se sinalizarán debidamente.

Tamén están aprobadas para o seu próximo asfaltado a avenida Miguel Hernández e as rúas Charry, Pousada, Anduriñas, Lagarteiras, Avogadas, Benito Vicetto, do Campo, Lourido, Cruceira e Areosa (completa).

Respecto ao aparcadoiro da piscina de Oleiros, o Concello quere informar que foi unha cesión anticipada polo desenvolvemento da urbanización da Covada. Serán os promotores os encargados de acondicionalo e entrégalo ao Concello en perfecto estado no seu momento. Mentres tanto, procederase ao seu bacheado cando sexa necesario.

As condicións climáticas especiais tamén provocaron un maior deterioro do previsto, para o que o Concello xa ten en marcha un novo paquete de obras de pavimentación. Nas próximo semanas procederase á contratación de novos asfaltados en distintas rúas e camiños de todas as parroquias.

Deja un comentario