O Concello de Oleiros saca a licitación a concesión do servizo de café-bar da Casa do Pobo de Montrove e da prestación do servizo de limpeza do inmoble por un canon mensual de 220,00€ e unha duración de 3 anos, con posibilidade de prórroga.
No día de hoxe publicouse na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación relativa ao contrato mixto de concesión do servizo de café-bar sito na Casa do Pobo de Montrove e do servizo de limpeza das instalacións situado na Avda. Rosalía de Castro.
A adxudicación do contrato conlevará a concesión do uso das instalacións de propiedade municipal existentes e dos bens mobles afectos ao mesmo, coa obriga de realizar a limpeza diaria das instalacións, de tal xeito que estas se atopen na situación óptima para o desenvolvemento das actividades que se programan nas mesmas.
O Concello pon a disposición do contratista o local, que comprende as dependencias de cafetería, cociña e almacén. Tamén o mobiliario e instalacións da cafetería.
O prazo para a presentación de ofertas está aberto ata o 1 de abril.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.