Tuesday 10 de March de 2026

Política de engano de Unión por Cambre


Alternativa critica as declaracións realizadas na prensa pola candidata de Unión por Cambre (UxC) sobre a situación da Policía Local , nas que afirmaba, entre outras cousas, que «Os reparos da interventora ao pago de horas extraordinarias para cubrir os turnos de 24 horas ao día todos os días do ano conlevaron o desmantelamento do corpo» cando hai nove sentencias que denegan o abono de ditas horas.

 

Desde Alternativa consideran estas afirmacións unha mostra de “pouca memoria e pouca responsabilidade política”. O grupo lembra que UxC estivo máis de dez anos ao fronte do goberno municipal e que o cadro de persoal da Policía Local pasou de contar con máis de vinte efectivos ao inicio do seu primeiro mandato a quedar con apenas cinco no momento da súa dimisión.
Caber recordar tamén os dous procesos xudiciais contra as políticas de UxC relativos ao pago irregular de horas extras e outro pola “cuestionada” contratación do xefe de policía a dedo.
Ademais, Alternativa sinala que en decembro de 2023, cando UxC aínda gobernaba, había 13 axentes de baixa, quedando tan so tres efectivos para facer patrullas. E considera que a esta situación non se chegou dun día para outro.
“Agora esixen solucións como si houbese unha fórmula máxica, pero a pregunta é porqué UxC non tomaron medidas cando estaban gobernando para non chegar a esta situación tan crítica.” sinala Raúl Varela, voceiro do grupo.
Alternativa considera que a veciñanza non se merece está demagoxia, que o único que fan e confundir e manipular a opinión da veciñanza. “ UXC debería actuar con máis humildade, recoñecendo que a esta situación non se chegou de súpeto, senón que é o resultado do seu proxecto político”

Deja un comentario