Alternativa dos Veciños de Carral presentou un escrito dirixido á alcaldía no que trasladaba a petición da veciñanza de distintas parroquias da necesidade realizar melloras nos locais sociais.
O grupo propón que, naqueles locais nos que as condicións técnicas o permitan, se instalen pequenas zonas de cociña. Esta medida facilitaría un maior uso das instalacións e permitiría ampliar as actividades que a veciñanza e entidades poden desenvolver nestes espazos.
Segundo sinala Alternativa, contar con locais sociais mellor equipados impulsaría unha maior participación da veciñanza complementando este servizo municipal que dota a veciñanza de espazos para reunións, xuntanzas e eventos de carácter social e comunitario.
Dende o grupo municipal destacan que continuarán escoitando as propostas da veciñanza e trasladándoas ao Concello para mellorar os servizos e os espazos públicos do municipio.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.