Tuesday 10 de March de 2026

Arrinca a programación do 900 aniversario do Mosteiro de San Salvador


O vindeiro sábado 21 de marzo, a partir das 12 horas, celebrarase o acto de apertura da programación organizada polo Concello de Bergondo para conemorar o 900 aniversario do Mosteiro de San Salvador.

Ao evento contará coa presenza de diferentes representantes institucionais e eclesiásticos. Durante a xornada realizarase unha visita guiada pola exposición que se instalará nas estancias do mosteiro e haberá tamén un pequeno concerto de piano a cargo Keilin e Vilariño.

Dende Alternativa animan a participar a toda a veciñanza nesta xornada inaugural do novecentos aniversario e seguir de preto as distintas actividades previstas ao longo do ano.

Entre elas destacan as visitas para grupos, o acceso á capela de Santa Catalina -trás o visto bo da familia Aldao- e diferentes exposicións que se irán realizando ao longo de todo o ano.

Deja un comentario