Desde o próximo luns 9 de marzo e ata o venres 13 de marzo, estará aberto o prazo de inscrición para os obradoiros de alfabetización dixital, tanto para os de Manexo de Móbiles como para os de Informática.
Estes obradoiros están dirixidos a persoas maiores de 65 anos empadroadas no Concello de Oleiros. A inscrición desde a web municipal, estará aberta ata o domingo 15 de marzo ás 23:00 horas.
Organizaranse 3 obradoiros, Manexo de móbiles e 2 de Informática, durante os meses de abril e maio. Cada un deles terá unha duración de 24 sesións, e cada sesión será de 90 minutos.
O prazo de inscrición para calquera dos 5 obradoiros, comezará o próximo luns día 9 de marzo e rematará o domingo 15 de marzo. As persoas interesadas en participar, poderán facer a inscrición chamando ao teléfono de atención veciñal 981 610 000 en horario de 16.00 h a 19.00 h, ata o venres 13. As persoas que prefiran realizar a inscrición pola web municipal, poderán facelo ata o domingo 15 de marzo ás 23:00h.
Esta actividade terá un custo de 15 euros por persoa e obradoiro e o número máximo de participantespor quenda é de 12.
OBRADOIROS MANEXO DE MÓBILES
• Nivel avanzado.
1. Casa Echeverry, Perillo: martes, mércores, xoves e venres desde o día 7 de abril ao 19 de maio. O horario será de 16:30-18:00h.
2. Casa do Pobo de Nós: luns, mércores, xoves e venres desde o día 8 de abril ao 20 de maio. O horario será de 10:00-11:30h.
• Nivel Medio
1. Casa do Pobo de Dorneda: martes, mércores, xoves e venres desde o día 7 de abril ao 19 de maio. O horario será de 18:30-20:00h.
OBRADOIROS DE INFORMÁTICA
Os obradoiros de Informática realizaranse todos no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo
1. Grupo 1: luns, martes mércores e xoves desde o día 7 de abril ao 19 de maio. O horario de 16:15h – 17:45h.
Grupo 1 : luns, martes mércores e xoves desde o día 7 de abril ao 19 de maio. O horario de 18:00h – 19:30h.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.