Alternativa dos Veciños levou ao pleno municipal a situación do Rueiro e da Rúa do Souto, no núcleo de Vilaboa, demandando unha actuación urxente nestas vías e na contorna dos pazos existentes na zona, que a converten nun enclave de grande valor patrimonial dentro do municipio.
A veciñanza trasladou ao grupo o seu malestar polo deficiente estado de mantemento, que afecta no día a día, principalmente polo acusado deterioro do firme das rúas, así como pola escaseza de limpeza e desgaste do mobiliario urbano.
Alternativa subliñou que se trata dunha zona cunha importante riqueza patrimonial e que non resultaacorde co seu valor a situación actual de conservación. Ademais volveu a insistir na importancia de impulsar as xestións oportunas para que Villa Celina poida destinarse a un uso veciñal, transformando o conxunto da contorna nun grande espazo público para o lecer e aposta en valor do patrimonio local.
Pola súa banda, o executivo local excusouse que respecto ao gran deterioro do firme o persoal técnico está a valorar diferentes opcións para dar unha resposta adecuada e proxectar unha renovación do mesmo. Alternativa manterase pendente dos avances e concreción destas actuacións anunciadas.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.