Tuesday 10 de March de 2026

Alternativa solicita melloras nas beirarrúas da Barcala


Veciñas e veciños da rúa Río Mero, na urbanización da Barcala, trasladaron a Alternativa o seu descontento polo deterioro da beirarrúa no acceso aos garaxes no cruce coa Rúa Mandeo.

O grupo levou esta situación á Xunta de Goberno, advertindo o mal estado do firme nun punto de tránsito diario de peóns. Segundo sinalan, ademais de supoñer un risco para a seguridade o estado actual da beirarrúa constitúe unha barreira para a accesibilidade.
Alternativa reafirma unha das súas liñas de traballo trasladando directamente ao goberno municipal as incidencias do día a día da veciñanza. Destacando a importancia da participación e implicación da veciñanza para traballar pola mellora de Cambre.

Deja un comentario