· A Biblioteca da Senra será o escenario destas dúas sesións formativas que terán lugar os días 12 de marzo e 21 de abril ás 19 horas.
· As charlas, impartidas pola farmacéutica Alejandra Fontán, abordarán problemas de saúde específicos en diferentes etapas da vida da muller.
O Concello de Bergondo, dentro do programa de actividades organizado con motivo do Día Internacional da Muller (8M), acollerá a iniciativa ‘Escolas de Saúde para a Muller’. Trátase dun ciclo de charlas formativas de carácter totalmente gratuíto cuxo obxectivo principal é fomentar a educación sanitaria.
A actividade constará de dúas sesións formativas impartidas pola farmacéutica Alejandra Fontán Otero. Durante os encontros, abordaranse temas de interese relacionados coas diferentes etapas do ciclo da vida da muller en relación cos problemas de saúde, apoiándose en exposicións e videoconsejos prácticos.
Para ofrecer unha visión integral e adaptada, o temario das charlas profundará nas seguintes cuestións: a saúde abordada desde a perspectiva de xénero e sexo; a análise dunha etapa vital clave como é a menopausa, e as súas diferenzas cos homes; as enfermidades de risco cardiovascular e cales son os síntomas específicos na muller; a desmitificación da osteoporose como un problema de saúde exclusivo das mulleres; como afecta a dor crónica, e especialmente a hemicrania, á muller.
Datas e horarios
As dúas sesións programadas terán lugar nas instalacións da biblioteca da Senra, ambas as ás 19 horas. A primeira celebrarase o próximo 12 de marzo , mentres que a segunda cita será o 21 de abril.
Esta iniciativa conta ademais co respaldo do Consello Xeral de Colexios Farmacéuticos de España e a colaboración do laboratorio Organon.


Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.