Un grupo de estudantes de secundaria alemáns que están de intercambio en Oleiros foron recibidos na Casa Charry polo alcalde, Ángel García Seoane, e a concelleira de ensino, María José Santos. O alcalde explicoulles a singularidade do municipio e animounos a gozar da súa estadía no concello.
Son mozos e mozas que estudan no instituto alemán de Lengede, da baixa Saxonia, que realizan un intercambio co alumnado do IES Miraflores de Oleiros, que irán ao país teutón o próximo outono.
MÁIS INTERCAMBIOS
Pola súa parte, o IES María Casares tamén está a recibir estes días ao alumnado francés do College Marcel Bony de Murat le Quaire, do centro do país. Este grupo visitou o Museo Os Oleiros, onde participaron nunha mostra de olería a cargo do mestre municipal Alberto Lista. Tamén fixeron unha visita guiada polo Castelo de Santa Cruz.

Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.