Thursday 12 de March de 2026

O alcalde felicitou a Carmen Suárez Canedo polo seu 100 aniversario


Natural e residente en Xermaña, Caión, é unha das 13 persoas centenarias empadroadas no concello.

O Concello felicita á señora Carmen Suárez Canedo, veciña de Xermaña (parroquia de Caión), que celebrou o seu 100 aniversario rodeada do cariño da súa familia na casa na que naceu o 28 de febreiro de 1925 e na que continúa residindo a día de hoxe.
O alcalde, José Manuel López Varela, sumouse a esta significativa data e trasladoulle persoalmente os parabéns acompañado polo concelleiro Alberto Blanco. En representación da Corporación municipal, fixéronlle entrega dunha placa conmemorativa.
Carmen Suárez desenvolveu toda a súa vida en Caión, onde sempre residiu. Dedicouse á agricultura e ao coidado do fogar, atendendo ás súas dúas fillas, Herminia e María Fernanda —con esta última convive actualmente—, así como ao seu pai e a un dos seus irmáns.
É avoa de tres netos -Alejandro, Rebeca e Romina- e bisavoa de tres bisnetos -Gala, Manuel e Tomás-. Na actualidade goza de bo estado de saúde.
No concello da Laracha hai 13 persoas empadroadas con máis dun século de vida, das cales 10 son mulleres e 3 son varóns.

Deja un comentario