Thursday 12 de March de 2026

A denuncia de Alternativa consegue a limpeza dun vertedoiro ilegal en Altamira


O grupo municipal denunciou a falta de actuación en Altamira por parte dos últimos gobernos municipais: beirarrúas en mal estado e con escasa limpeza, inseguridade viaria que deu lugar a varios atropelos, camiños en mal estado e como se está a permitir que certos espazos se empreguen como vertedoiros ilegais.

 

A reclamación levada ao pasado pleno municipal tivo como primeiro resultado a limpeza das verteduras nos contenedores que hai no cambio de sentido na N-550, un dos puntos máis problemáticos do municipio nesta materia.
A cuestión dos vertedoiros é unha reclamación recorrente de Alternativa. No pasado mes de novembro, o grupo conseguiu o compromiso do actual executivo para tomar medidas de concienciación e prevención, así como o reforzo de vixiancia e as sancións ante verteduras incontroladas. Poren, segundo denuncian, a día de hoxe non se perciben avances nese senso.

A proposta que Alternativa deixou sobre a mesa nesta ocasión foi a posibilidade de abrir un canle de denuncias anónimo a través da APP de incidencias do concello ou modificar a situación dos contedores a outra zona.

“Altamira é Cambre”, sinalan dende Alternativa, criticando que, a pesar das diferencias forzas políticas entre os gobernos deste mandato, todos se esqueceron dela. E incidiu durante o pasado pleno “¿Cando se vai a tomar algunha medida ao respecto? O grupo celebra que esta primeira actuación chegue con tanta celeridade e confirman que seguirán vixiantes e reclamando as melloras necesarias para a veciñanza.”

Deja un comentario