O Concello realizou actuacións de mellora na parroquia de Vilaboa coa renovación dos bancos do Parque Sofía Casanova.
Alternativa valora positivamente esta intervención, que se produce nun contexto de reiteradas peticións e propostas trasladadas polo grupo municipal en relación co estado de diferentes espazos públicos da parroquia.
Alternativa subliña que, aínda que esta actuación concreta non partiu dunha solicitude específica súa, si se pode enmarcar no impulso e na insistencia mantida polo grupo atendendo as necesidades veciñais de Vilaboa.
Alternativa confía en que esta renovación de un mobilidario urbano sexa o primeiro paso dun conxunto máis amplo de melloras pendentes na parroquia e que se continúe avanzando na adecuación e mantemento dos espazos públicos.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.