Tuesday 03 de March de 2026

As bibliotecas municipais de Oleiros conmemoran o 8M cun feixe de actividades


O mes de marzo é un fervedoiro de celebracións e actividades relacionadas coa conmemoración do Día da Muller (8M) e as bibliotecas municipais de Oleiros teñen preparada unha ampla programación ao respecto.

As bibliotecas municipais contan cunha ampla e diversa programación para conmemorar o Día da Muller, como a Hora do conto, dirixida a nenas e a nenos, que promoven a igualdade entre a muller e o home ou de temática feminista:

Día Biblioteca Conto/actividade
A cargo de Público
4 Sta. Cruz A viaxe de Piruleta
Ariadna Ligero De 2 a 4 anos
5 Lorbé Lúa quera viaxar a Marte
A Xanela do Maxín De 2 a 4 anos
5 Rialeda Canta, Bugina, canta!
Marta Ortiz De 2 a 4 anos
6 Mera Dúas heroínas voando van
Raquel Crespo + de 5 anos
9 Dorneda Aitana e a avoa e outros contos violetas Soraya Lema + de 5 anos
10 Oleiros Lúa quera viaxar a Marte
A Xanela do Maxín + de 5 anos
13 Nós Vamos ao recreo Trémola teatro + de 5 anos

Ademais prográmanse tamén actividades dirixidas ao alumnado dos centros de ensino con temática feminista ou pola igualdade da muller e o home, como por exemplo, Directas ao espazo, a cargo de Trémola na Biblioteca “Rosalía de Castro” de Santa Cruz, o 6 de marzo para alumnado de infantil do colexio Isidro Parga Pondal de Santa Cruz.

Tamén se realizarán exposicións bibliográficas sobre a muller en todas as bibliotecas.

Deja un comentario