Tuesday 03 de March de 2026

A falta de acordo frea o pago de facturas e obriga a un pleno extraordinario


A situación iniciouse no pleno do pasado xoves, no que a oposición votou en contra de incluír de urxencia na orde do día tres recoñecementos extraxudiciais de crédito de 67.000 euros destinados ao pago de facturas atrasadas con informes negativos de intervención, circunstancia que obriga a tramitar o pagamento por esta vía.

A urxencia dalgúns destes abonos-principalmente o vencemento de varios seguros obrigatorios- forza agora a convocatoria dun pleno extraordinario para debater o asunto. Esta sesión suporá un custo aproximado de 9.000€ entre pleno e comisións informativas para poder aprobar o pago de 60.000 € en facturas.
Alternativa recoñece que a xestión do goberno non foi a máis axeitada, pero considera que avanzar no pagamento a provedores debería ser unha prioridade compartida por todos os grupos, evitando así un gasto engadido par as arcas municipais. Con todo, subliña que a solución estructural pasa por regularizar e licitar contratos pendentes, evitando así que intervención paralice de maneira recorrente o pagamento de facturas.

A orixe das votacións en contra da urxencia para debater o pago de facturas por parte de PSOE, BNG e UXC radicou que a pesar que na Xunta de portavoces o goberno avanzou que incorporarían para o pleno un Recoñecemento Extraxudicial de Crédito de 25.000 € . O día anterior ao pleno comunicouse a incorporación de dous expedientes máis, elevandose a unha contía de 67.000€. Ao que os grupos da oposición denunciaron que a marxe de tempo era insuficiente para a análise da documentación por parte dos diferentes grupos.

A aprobación destes expedientes permitiría facer fronte a gastos básicos como o subministro de gasóleo para o sistema de calefacción do Centro de Saúde e da Casa do Concello, combustible para vehículos de protección civil, seguros da flota de vehículos municipal e de grupos -que vencen este mes-, taxas do consorcio contraincendios pola intervencións realizadas, así como reparacións de carácter urxente.

Deja un comentario