Tuesday 03 de March de 2026

Alicia Martínez Muras, gañadora do concurso do Día dos Namorados 2026 en Ribeira


• A premiada desfrutará dunha estancia para dúas persoas no Hotel Rural Punta Couso de Aguiño

Alicia Martínez Muras resultou gañadora do concurso organizado polo Concello de Ribeira con motivo do Día dos Namorados 2026.

O certame consistía en fotografarse no photocall luminoso con forma de corazón instalado no Malecón durante a fin de semana do Día dos Namorados e do Entroido. As persoas participantes enviaron posteriormente as súas imaxes ao correo da área de Cultura, realizándose un sorteo entre todas as propostas recibidas. O premio consiste nunha estancia para dúas persoas no Hotel Rural Punta Couso, en Aguiño, que inclúe un agasallo sorpresa na habitación e o almorzo.

A entrega do premio tivo lugar o pasado venres no Centro Cultural Lustres Rivas, nun acto no que participou o concelleiro de Festexos, Fernando Abraldes, quen fixo entrega do galardón á gañadora.

Dende o Concello de Ribeira valórase moi positivamente a participación nesta iniciativa, que contribuíu a dinamizar o Malecón durante unha fin de semana de especial afluencia e a fomentar a implicación da veciñanza nas actividades programadas.

Deja un comentario