— Fabiola García lembrou que o Goberno galego destina 320.000 euros a sufragar neste concello as axudas do bono coidado no fogar
— Tamén lle avanzou que nos vindeiros anos recibirán máis de 524.000 euros para o servizo de axuda no fogar, cun investimento total de preto de 2 M€ no ano 2028
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse esta mañá co alcalde de Oza-Cesuras, Pablo González, nunha xuntanza na que avaliaron novas vías de colaboración entre ambas administracións para seguir fortalecendo a atención aos maiores do municipio.
Neste sentido, a conselleira lembrou que o Goberno galego destina este ano 320.000 euros a financiar en Oza-Cesuras máis de 60 Bonos coidado no fogar, unha achega económica directa que reciben aqueles dependentes que queren ser atendidos nas súas casas. Esta medida pioneira facilita que poidan permanecer na súa contorna sen renunciar a atención e coidado que precisan.
Así mesmo, na xuntanza tamén lle avanzou que grazas ao acordo entre a Xunta e a Fegamp, este concello recibirá nos próximos anos a maiores máis de 524.000 euros para facer fronte ao servizo de axuda no fogar, que é de competencia municipal. Deste xeito, Fabiola García avanzou que no ano 2028 o Goberno galego investirá preto de dous millóns de euros para este servizo.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.