Sunday 01 de March de 2026

A Xunta defende que unha sociedade igualitaria esixe necesariamente a inclusión e integración de todas as persoas


María Quintiana reivindicou o importancia de crear espazos de diálogo e reflexión para contribuír a que todas as mulleres gañen espazo na sociedade

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou no XVIII encontro da Muller Xorda de Galicia que organiza a Federación Galega de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg), onde defendeu que a construción dunha sociedade igualitaria esixe necesariamente a inclusión e integración de todas as persoas.
Neste sentido, María Quintiana agradeceu o papel que desenvolven as entidades sociais como Faxpg, que poñen a mirada nas mulleres con discapacidade, dando visibilidade ás súas necesidades e impulsando o seu talento. Polo que, fixo fincapé en que os avances sociais como a promoción da igualdade de xénero non poden deixar a ninguén atrás.
Por iso, a directora xeral reivindicou a importancia de crear este tipo de espazos de diálogo e reflexión, esenciais para contribuír a que todas as mulleres gañen espazo na sociedade, intercambien experiencias e permitan mellorar as políticas públicas. Deste xeito, reafirmou o compromiso do Goberno galego con todas as iniciativas coma este encontro, co que colabora economicamente.

Deja un comentario