Friday 27 de February de 2026

Rapidez para as festas, demora para os servizos básicos


Alternativa solicitou no pleno ao goberno municipal maior premura e axilidade para sacar adiante os contratos pendentes máis urxentes.

Nos últimos meses, o grupo municipal puido comprobar como determinados contratos vinculados principalmente a eventos festivos puntuais- recentemente, o entroido pequeno, a Cabalgata de Reis ou a iluminación de Nadal- se tramitaron con rapidez.

Para Alternativa, esta situación evidencia que outros contratos menos “populares”, dende o punto de vista político, tamén poderían impulsarse coa misma celeridade e eficiencia.

O grupo sinala existen servizos básicos, que ofrecen un servizo e atención integral para a veciñanza, como por exemplo, a Escola de Actividades Físicas e da Saúde. O executivo local respondeu co seu compromiso concreto en sacar os pliegos a próxima semana.

Alternativa considera prioritaria a necesidade de buscar un equilibrio entre os contratos de “festas” e sacar adiante servizos que están en precario ou parados como a Casa das Palmeiras, limpeza viaria, o complexo deportivo municipal ou o arranxo de parques infantís.

Deja un comentario