Thursday 26 de February de 2026

Neda programa un curso de formación sobre seguridade en internet e uso da intelixencia artificial


O proxecto “Reto rural dixital”, destinada a formar á poboación adulta do municipio en competencias dixitais, coa finalidade de facilitar a súa integración nun mundo cada vez máis conectado, trae a Neda na primeira quincena de marzo un novo curso de capacitación. Trátase dunha acción formativa para mellorar o uso que fai a poboación das tecnoloxías de información e comunicación e aproveitar todas as súas potencialidades. O Concello abre o prazo para inscribirse na biblioteca municipal.

O denominado “curso avanzado” impartirase na Casa da Cultura os días 10, 11 e 12 de marzo, en horario de 10 a 13 horas aproximadamente. Serán en total oito horas de formación, dirixida exclusivamente a persoas maiores de idade que estean empadroadas no municipio.

Detallan dende a Fundación Orange e Fundación FDI, entidades que desenvolven esta formación gratuíta que, durante as sesións, ensinarase a facer un uso responsable da tecnoloxía para a infancia, adoptar as medidas precisas para manter a seguridade mentres se navega por Internet, aproveitar as vantaxes da identidade dixital, ou xestionar a irrupción da intelixencia artificial, unha tecnoloxía que chega para quedar, no noso día a día.

A veciñanza que queira participar no cursiño debe apuntarse de forma presencial ou telefónica na Biblioteca municipal (981390233). Para impartir a formación, que forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, deberá de formarse un grupo mínimo de 10 persoas.

Deja un comentario