O grupo municipal denuncia que o portal de transparencia do Concello de Cambre, así como a páxima web municipal permanecen sen actualización dende o inicio do actual mandato, no 2023.
Alternativa demanda que se publique a información relativa á xestión municipal, ao gasto público ou aos acordos adoptados nos plenos. Estos datos constitúen unha ferramenta esencial para facilitar a participación cidadá e garantir unha administración máis eficiente e fiscalizable.
Pero, o portal de transparencia non recolle a información que debería estar dispoñible segundo a normativa vixente, como as retribucións dos membros da corporación, os contratos menores, os convenios asinados , o estado da débeda ou os informes de pagamento a proveedores.
Esta falta de actualización tamén afecta á páxina web, onde non é posible acceder aos plenos en diferido, nin consultar as súas actas. Limitando claramente o deireito da cidadanía a coñecer a actividade institucional.
Alternativa lembra corresponde ao goberno municipal garantir o principio de publicidade e o cumprimento das obrigas en materia de transparencia, xa que a transparencia institucional non é unha opción política, senón unha obriga legal por iso insta a que se adopten medidas necesarias para a actualización dos contidos oficiais.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.